Amueblamiento Estudio para la escritora Luisa Castro

Dentro deste espírito está o seu traballo noutro estudio, neste caso o da escritora Luisa Castro. O que nun principio non era mais que o encargo de mobiliario –librerías e mesa de traballo– derivou na creación dun lugar con entidade propia. Coma os propios arquitectos sinalan non se trata dunha “zonificación do espazo” senón dunha arquitectura dentro doutra arquitectura, idea que eles mesmos desenrolarán na súa presentación. Só quero subliñar que no seu método, e previamente ao propio deseño, está a cuestión das calidades do lugar coma requisito para o pensamento e a condición do propio traballo da escritora.

06 Luisa-planos-1

É elocuente o debuxo que ilustra o programa desta obra: unha “barca para a creación” que navega entre o fluír das actividades cotiáns da sala de estar e o mar de tellados que se divisan pola xanela situada “a babor” e a poñente. Toda a arquitectura contida en dúas librerías: na de escritura unha das baldas se expande para conformar a táboa de traballo nunha relación de altura con respecto á cadeira de sempre da escritora, á súa espaleira a outra librería pechando o marco do lugar. Todo pensado para crear unha “orde das cousas” que remite ao texto de Foucault sobre o tema, no mesmo se incide na contraposición entre lugares confusos e escuros e lugares reflexionados, “iluminados”. Tampouco debemos esquecer que “o lugar da confusión” é un reflexo do noso interior, está dentro de nosoutros e se manifesta a través dun estado anímico que deriva en conduta acrítica e inconsciente.

No texto xa citado de Jürgen Partenheimer recórdanos que

“o requisito para un pensamento e unha acción colectiva é a coincidencia do contexto: lugar, obra e tempo, e a claridade da idea do contexto, cuxa función se quere concretar. Consecuencia deste requisito será entón o lugar da realización da idea”.

No caso do estudio de Luisa Castro o lugar xa contiña “un aroma”, os arquitectos só precisaron retocalo ca máxima levedade, coma con fume –tal e como eles din na memoria do proxecto–. Tampouco está de mais citar outras dúas imaxes que acompañaron as súas reflexións: O gabinete de San Xerome nas versións de Durero e Antonello da Messina.

Memoria descriptiva realizada por Álvaro Negro, artista plástico.

Nombre del proyecto: Amueblamiento Estudio para la escritora Luisa Castro
Localización: Santiago de Compostela. A Coruña, Galicia, España
Autores: Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaria. ARQUITECTOS
Constructores: Carpintería Maceira. Vedra
Año: Diciembre 2013
Fotografías: Estudio Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaría

Facebooktwittergoogle_plusredditpinterestlinkedinmail