RELACIONS ESPONTÁNEAS DA ARQUITECTURA Á TORNERÍA .WORKSHOP

Workshop dirigido por Marcial Rodriguez y Luis Gil Pita sobre las relaciones entre los posibles ámbitos de contacto entre la Arquitectura y el oficio artesanal de la Tornería. Xermade Lugo 2012, promovido por la Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño. Consellería de Comercio e Industria.  Xunta de Galicia.

Se propuxo mediante  a realización de un workshop de tres días a discusión  entre os oficios da tornaría e a arquitectura (tamén outros coma o deseño e varios eidos paralelos da artesanía) sobre o posible salto de escala e emprazamento das pezas que habitualmente propón o oficio tradicional da tornaría, máis ligado, por lóxica natural,  ás pezas de uso doméstico cara o mundo da arquitectura e pezas de complemento para ésta.  Un salto que se propón tamén na avaliación da posibilidade da fabricación e discusión crítica da posibilidade de propor novas formas-función cara aos campos complementarios da arquitectura no interior doméstico: Iluminación, ferraxes, mecanismos,celosías, etc.

O curso se formula organizando temporalmente a súa lóxica da seguinte maneira:

1º día, encontro e formulación de  equipa multidisciplinar. Proposta inicial do grupo e achegamento á mirada do cambio de escala e forma-función dende a perspectiva das necesidades da arquitectura. Discusión critica entre os artesáns-arquitectos e alumnos do tanto do posible achegamento e riquezas apriorísticas coma dos handicups ou contradicións. Presentación por parte dos arquitectos dunha serie de exemplos e exercicios base para interpretar e repensar en coordinación coas opinións e indicacións que os artesáns proporán dende o ángulo da técnica e realización destes exercicios. Discusión teórica e intuitiva de inmediatas variantes dos alumnos dentro das lóxicas e familias de deseños propostas polos arquitectos e revisadas polos artesáns-torneiros.

 

2º día, realización de deseños falados e avaliados verbalmente na xornada anterior e discusión práctica man a man cos torneiros ao tempo da execución das pezas prostas. Visión crítica da  riqueza da técnica xunto coa complexidade e limitacións para levar a realidade dende a técnica do torno as ideas preconcibidas e deseñadas. Posta en común intermedias ao longo do día por parte de todo o grupo das problemáticas e posibilidades de cada unha das áreas de traballo propostas.Logo da finalización do día de traballo e construción das pezas propostas aula básica de iniciación do traballo no torno para cada un dos participantes.

3º día redacción e presentación de conclusións sobre a experiencia. Deseño común dun espacio-arquitectura que complemente colectivamente e cosa todas as experiencias do taller, para facer saír aos alumnos da escala das pezas construídas cara a unha visión de conxunto e arquitectónico do feito-estudiado. Proponse deseñar no chan elevado da mesa onde se deseñaron as pezas un espacio doméstico-cidade a escala, a maneira do filme Dogville, en que cada peza ocupe o seu suposto lugar na arquitectura imaxinada a que iría servir e en relación á mextura dos tempos da construción xeral do workshop, dendo os deseños, aos materiáis, probas, pezas acabadas, etc para reflexar un pequeño universo de todo o conxunto creativo abordado.

Facebooktwittergoogle_plusredditpinterestlinkedinmail