Gil Pita – Nieto Peñamaria

Proxecto para a posta en valor do Manantial Pozo das Lombas. Xardín terapéutico medicinal. Catoira

Collage do Proxecto para a posta en valor do Manantial Pozo das Lombas. Xardín terapéutico medicinal. Catoira

Aos problemas da arquitectura se lles debe de afrontar como á sopa quente, comezando sempre polo borde…

«Nos problemas do límite e a fronteira». Luis Gil-Cristina Nieto

O lavatorio Tintoretto. Fragmento

Obxecto do proxecto

Dar uso e visibilidade ao manancial así coma un mellor e libre acceso- que se situaba fora do actual recinto deportivo- foi o argumento motor da proposta, de maneira que se proxectou facer unha fonte e unha poza coa mesma auga da surxencia orixinal. A instalación termal situouse no referido terreo público xusto enfronte do campo de fútbol; polo que houbo que facer unha canalización e bombeo dende a surxencia orixinal ata o novo espazo termal de uns aproximadamente 130m.

Collage de Proxecto para a posta en valor do Manantial Pozo das Lombas. Xardín terapéutico medicinal. Catoira

Esta localización de excelente accesibilidade, fronte ó actual emprazamento no interior do campo de fútbol, serviu para visibilzar, por en valor e mellorar o acceso ás augas, facilitando a infraestrutura terapéutica aos cidadáns en xeral, así coma aqueles con mobilidade reducida, pondo no ámbito público un novo lugar de relación entorno ao auga como recurso tamén cultural e lúdico. A obra consistiu na realización dun espazo singular no contexto urbano en forma de recinto aberto, que sirve de localización a unha fonte pola que brote a auga termal da surxencia, e unha pequena poza con dúas areas onde poder interactuar no auga cos pés, pediluvio.

O recinto, non pechado, serve como referente ao fin do ámbito urbano da rúa buscando caracterizar esta zona de fin de saco. Segundo o pedido do programa: a fonte pasou a integrase nunha zona arborizada con especies de folla caduca axeitadas ao contexto de forma que se forneza sombra e un ámbito vexetal confortable nas diferentes épocas do ano (Bétulas alba e Catalpa), asemade dun sembrado de especies olorosas, salvia, menta, aorégao, etc. Se atopará asemade dotado de iluminación e sinalización (coa caracterización preliminar das augas así coma o informe dos usos terapéuticos), para dar a coñecer o espazo termal de As Lombas.

A urbanización en superficie deste área ten coma fin último definir un lugar onde celebrar o encontro colectivo da comunidade entorno aos valores do auga, fornecendo de carácter público o que ata o momento é simplemente un espazo relvado e pechado para os usos do fútbol 5. Trátase de rexenerar e animar -a través desta sinxela pero intensa intervención- o deslabazado tecido urbano ao fin da rúa mediante o reforzo dun área común que avive o encontro interpersoal e interxeracional. Adaptar o soporte físico deste área, mediante referenzas coma a auga terapéutica, arborización e sombra, lugares de asento e un xardín aromático que servirá á revitalización residencial, adoptando criterios de deseño urbano de moi baixa intensidade que teñen guiado a xestión doutros procesos de renovación asimilables aos desta intervención.

Finalmente dende a arquitectura ter sempre na memoria os espazos ao aire libre de Aldo van Eyck, Isamu Noguchi e Max Bill.

Obra: Proxecto para a posta en valor do Manantial Pozo das Lombas. Xardín terapéutico medicinal
Promotor: Concello de Catoira Asociación Mar de Santiago dentro do PSTD «MAR DE SANTIAGO: UN PERCORRIDO MARITIMO-FLUVIAL. Financiado pola UE. NEXT GENERATION EU.
Localización: Campo de Fútbol de Catoira, na Rúa: Travesía corredoira das Lombas.
Autores: gilpita-nietopeñamaría Arquitectos
Aparellador, CSS obra: Luis Villar Folla-Cisneros.
Colaboradores: Alberto Alonso Oro-Cristina Besiga-Julio Besiga. Arquitectos. Claudia Martín estudiante de arquitectura
Constructor: Construcciones Lemos Martínez. Porriño
Proxecto 2025. Obra 2026
Fotografía: Roi Alonso Padín.

Salir de la versión móvil