Restauracions no Camino de Santiago Portugués en Caldas de Reis
A proposta de restauración do borde da Praza de Martín Herrera no centro urbano de Caldas de Reis trata de sumarse e reforzar a estratexia de arranxos e restauración dos espazos e elementos históricos colindantes co camiño xacobeo portugués ao paso polo centro urbano da vila. Tendo sido reparadas un amplo conxunto de fontes históricas (Fonte da Burga, Fonte do Palmeral, Fonte do Mercado, Fonte da Torre) que se ligan ao percurso do camiño portugués no interior urbano da Vila de Caldas de Reis, preténdese con este traballo reforzar áreas colindantes da escena urbana do propio camiño.
Igual que outros bens, o límite da praza de Martín Herrera se atopa logo dunha longa vida útil, con moi básicos mantementos e con moitas transformacións, nun fráxil e avanzado estado de deterioro e avellentamento. O feito de que estes elementos limítrofes e os seus espazos asociados son fitos ou referencias importantes dentro da escena do percurso do camiño, os convirte en puntos importantes a valorizar de novo (revalorizarse) mediante a súa restauración e coidado.
Emprazamento e contorna da Praza de Martín Herrera. Caldas de Reis (Galiza, España)
A coñecida coma “Prazuela” é un espazo histórico moi significativo para Caldas e os caldenses. Atópase situado no lugar que ocupaba a primitiva igrexa de Santo Tomás Becket, que foi demolida para construír a actual igrexa, obra de D. Domingo Sesmero, tamén próxima á Fonte da Burga, obra do seu fillo D. Alejandro Rodríguez Sesmero
O elemento en estudo consiste nun borde ou límite en forma de muro e varanda superior, dun espazo aberto que absorbe unha lixeira caída do perfil da praza para os viáis inferiores. Non se trata pois -coma noutros bens- dun elemento autónomo no seu funcionamento, senón máis ben dunha referencia urbana dentro da orde axardinada entre o antigo adro da igrexa, agora alameda do Palmeral, e a área da fonte da Burga.
A praza de Martín Herrera se relaciona espacialmente ao norte coa envolvente inmediata na cabeceira da Igrexa de Santo Tomé, co axardinado Palmeral que corre paralelo á fachada sur da mesma e coa Fonte das Palmeiras. Cara o nacente e poñente co casarío tradicional entorno á propia praza na confluencia da Rúa Real (continuación da Ría Laureano Salgado) coa rúa da Igrexa. Cara o sur coa Fonte da Burga, o Balneario Dávila e a casa Baión ou antiga Tabacalera.
Histórico e biográfico da Praza de Martín Herrera. Caldas de Reis (Galiza, España)
En outubro de 1889 se lle solicita a Domingo Sesmero), arquitecto diocesano, o proxecto da nova planta da Iglesia de Santo Tomás, que se levantará entre 1890 e 1894. Xa no año de1896, e seguindo este proceso de modernización urbanística, se lle encarga a Jenaro de la Fuente Domínguez o deseño da Praza de Martín Herrera e a rectificación do perfil da rúa situada no entorno da igrexa, facendo fronte á fonte da Burga obra de Alejandro Rodríguez Sesmero (fillo de Domingo) que con anterioridade a tiña modernizada e formalizada en 1881.
A maiores da “Prazuela” tamén son obras coñecidas da man de D. Jenaro de la Fuente o proxecto do Balneario Acuña, que conforma unha das imaxes máis recoñecidas e icónicas de Caldas de Reis, tamén a casa de D. Laureano Salgado, alcalde e empresario Caldense coñecido como “o rei dos saltos de auga” pola súa contribución ao desenvolvemento dos aproveitamentos hidroeléctricos, e a residencia Villa Augusta. Son estas ás recoñecidas ou máis singulares, apreciando nembargantes detalles, modulación e características propias de De la Fuente en diferentes edificios do centro histórico dos que non se garda rexistro. Así mesmo, Jenaro de la Fuente desenvolveu o plan de alienacións de Caldas de Reis do que nace o actual planeamento urbano da parte central da vila que define a súa morfoloxía urbana tal e como a vemos hoxe en día, dando unha visión urbana ampla e moderna da zona central.
Logo de pesquisa no arquivo municipal por parte dos servizos técnicos de cultura apareceu unha relevante información en forma de copia orixinal do proxecto de 1896 de D Jenaro de la Fuente Domínguez rexistrado pola man de D. Ricardo Castro. É probable que a copia se faga sobre orixinal do arquivo de D. Jenaro ao fin de ser rexistro para o contrato da obra. Téñense cumprido por tanto no ano 2022, 126 anos da súa redacción. O documento consta de memoria, orzamento e plano xeral así como cortes e perfís da rúa que serviron de guía ao proxecto.
Descrición do limite urbano -varanda- da praza de Martin Herrera entre as rúas Real e da Igrexa
Trátase dun elemento arquitectónico, conformador dun espazo aberto, de carácter culto tanto na súa linguaxe formal coma na súa representatividade e significado público. Formalmente vincúlase ás linguaxes tardo historicistas propias da época coma elemento estruturado que resolve un cambio de cota ou perfil irregular do terreo. A súa forma orixinal de trapecio irregular de seis lados dando catro deles ao espazo público e dous a fachadas domésticas, xa prevía dende o inicio do proxecto a derruba dun condominio anexo na fronte sur, que foi acometido posteriormente e durante o SXX. Logo desa derruba e axustes, a praza actual comportase como un polígono de 8 lados. Posúe esta planta irregular un acceso principal e centrado no canto suroeste de maior formalización e que responde maiormente ao proxecto orixinal, e dous máis menores: un ao norte enlazando sen saltos cara a cota do paseo inferior do palmeiral, e outro previsto no proxecto orixinal pero executado moi avanzado o século XX sen ter en conta o deseño curvo de Jenaro de la Fuente no canto sur, dando fronte á Fonte da Burga. O interior do plano de chan que conten o muro-peche obxecto deste traballo, era en orixe un reparto xeométrico de parterres axardinados á maneira decimonónica, acompañado dunha plantación de rubinias que constituían unha masa vexetal que favorecía a sombra en toda o ámbito.
O alzado do borde-muro que constrúe o socalco que artella o plano de traza horizontal da praza e o perfil irregular das rúas de contorno componse de marqueados de sillería de granito que conteñen a unha mamposteria irregular concertada a xunta seca, ou tal vez en orixe, con argamasa de cal, que na actualidade se atopa recibida con morteiros de cemento portland. Sobre este muro de socalco estrutural, que remata en forma de banco corrido cara o interior da praza, armase unha modulación de pináculos que serven de ancoraxe para a varanda. Os pináculos pétreos son lixeiramente troncopiramidáis para o amarre da varanda que tamén está tomada puntualmente en vertical ao piso do banco corrido inferior. Os pináculos marcan os cantos de acceso, así coma as viraxes de dirección do muro facendo de dobradiza entre directrices dereitas.
Sobre os referidos pináculos que marcan o cambio de dirección emprazábanse uns farois electrificados que mantiñan a formalización das luminarias de gas das grandes urbes en forma de arpa. A electrificación facíase dende o interior dos pináculos sendo posteriormente desmontados e trasladados estes puntos de iluminación xeral para o plano do piso da praza. Os tres farois que aparecen hoxe na praza son probablemente posteriores, sendo unicamente antigos os fustes intermedios, aupados a un baseamento de fundición moderno e rematando nun farol estándar historicista tamén de factura recente e actual.
A varanda orixinal de ferrería estaba composta por elementos individuais en forma de módulos curvos asociados e repetidos en paralelo, cosidos por pletinas superior e inferior que eran o nexo de amarre dos panos aos pináculos de granito, agás dunhas tomas puntuais ao piso tamén mediante retacados en chumbo. Esta formalización era moi habitual no remate de bordes urbans conservándose aínda en moitos espazos históricos desta tipoloxía como os deseñados por Villanueva para diferentes espazos públicos de Madrid.
Obra: Restauración do limite urbano da Praza de Martín Herrera
Promotor: Concello de Caldas de Reis
Localización: Rúa Real-Praza de Martín Herrera. Caldas de Reis. Pontevedra
Autores: Luis Gil Pita. ARQUITECTO,
Colaboradores: Cristina Besiga, Beatriz Asorey
Año: 2022-23