Reforma interior do edificio auditorio da Fundación Rosalía de Castro

Axonometría do conxunto de edificios anexos da Casa Museo Rosalía

CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO.

REFORMA INTERIOR DO EDIFICIO AUDITORIO DA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

O edificio do auditorio é, nas costas da Casa Museo Rosalía, a primeira construción pola dereita, na secuencia de edificacións que funcionan coma equipamentos do conxunto museístico. Inaugurouse este pequeno equipamento en 1985, con capacidade para unhas 80 persoas. Trátase dun edificio construído polo arquitecto Andrés Fernández- Albalat Lois con algunhas variantes sobre o proxecto orixinalmente plantexado tal como se desprende da consulta da documentación dispoñible no arquivo da Fundación. O local é de planta rectangular, lixeiramente irregular, de aproximadamente uns 8m de fronte por 12m de profundidade. Posúe diferentes andares que estruturan os usos do programa da seguinte forma:

-.Un semisoto ao que se accede dende a porta do palco a través de escada compensada e que dá acceso a un aseo e camerino inferior.

-.Unha platea xeral á cota de entrada que é o ámbito principal do auditorio con capacidade para unhas 60 persoas. Posúe un palco elevado aproximadamente 1,30 m sobre a platea dende o que se accede ao semisoto.

-.Un altiño con capacidade para aproximadamente unhas 20 persoas que ten acceso por unha escada exterior. O altiño dá servizo a unha galería cara aos xardíns e Casa Museo Rosalía que se pode cegar por unha cortina. Este altiño é unha variante simplificadora do previsto inicialmente no proxecto que posuía forma de L. A súa frecuencia de uso é habitual tanto para a colocación de infraestruturas de proxección e iluminación audiovisuais nos actos, coma para ubicar a máis público nos eventos, convocatorias e presentacións específicas que o precisen.

Imaxe orixinal do alzado do proxecto de Albalat

Estado previo a actuación

Logo dunha longa vida útil, 35 anos e a pesar de que na bianualidade 2017-18 foron acometidas algunhas melloras na envolvente exterior deste edificio, nunha estratexia xeral de mantemento do conxunto de edificios anexos da Casa Museo Rosalía- arranxo de cubertas, canalóns e restauración e substitución de carpintarías- o edificio no xeral non se ten sometido a adaptacións ou transformacións espaciais dende a súa inauguración. Só foron acometidas pequenas adaptacións de infraestruturas de iluminación e proxección na cota do altiño, que se mostraban igualmente obsoletas tanto dende o punto de vista do cumprimento de normativas de aplicación actual coma para satisfacer as demandas e necesidades contemporáneas dun uso como sala multifuncional destas características. A parte do semisoto, adicada orixinalmente aos usos de aseo e camerino, se atopaba en estado de abandono e avanzado deterioro.

Imaxe orixinal da sección do proxecto de Albalat

Proposta executada

A actual e futura situación derivada do impacto da pandemia COVID 19 fixo imprescindibles a necesidade de espazos flexibles e de maior capacidade e volume para a convivencia de grupos de usuarios e en concreto dos visitantes á Casa Museo Rosalía de Castro. Foi por elo imprescindible adaptar, mellorar e recuperar as condicións naturais de espazos que de partida ofrecen un maior volume e dimensión para cumprir as distancias de seguridade e aireación que serán precisas a partires deste momento e nun futuro longo. Con elo se mellora e complementa a comunicación sobre a obra e vida de Rosalía, que por momentos poderá non ser posible ao 100% en parte pola limitación dos aforos nos espazos máis cativos da Casa Museo.

Propúxose unha readecuación completa do interior da edificación do auditorio na que foron imprescindibles adaptacións e melloras que teñen que ver co confort térmico da sala, illamento e aireación de acordo ás novas demandas e normativas así coma adaptacións de mellora do confort acústico en tanto se trata dun lugar cunha demanda continua para os usos musicais e de comunicación oral e audiovisual que deben igualmente adaptarse á contemporaneidade. Todo elo cunha profunda intervención construtiva de raíz que ao mesmo tempo intentou preservar algúns do xestos formais do proxecto de D. Andrés albalat como a modulación xeral, parte da iluminación e as varandas orixinais.

Obra: Reforma interior do edificio auditorio da Fundación Rosalía de Castro
Promotor: Fundación Rosalía de Castro coa colaboración e convenio coa Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia e Deputación de A Coruña
Arquitectos: Cristina Nieto Peñamaría- Luis Gil Pita
Colaboradores: Mónica Balado, aparejadora. Julio Besiga arquitecto
Año:2021-22
Emplazamiento: A Matanza,Padrón, A Coruña, España
Fotografías: Roi Alonso Fotógrafo. Luis Gil-Cristina Nieto Estudio
Empresa: AG Soluciones. Sirvent Mobiliario, Kachet Audiovisual. Molduras del Noroeste.

Facebooktwitterredditpinterestlinkedinmail